I Enarborar o bosque

CREADORES E CREADORAS, artistas plásticos, visuais, escritoras e escritores, músicos..., unídevos e participade nesta convocatoria, de creación ao aire libre:5 de xuño, na carballeira de Chaián(Trazo-Santiago de Compostela), dia mundial do medioambiente de 2011, declarado por la Asamblea General de Nacións Unidas como o “ano internacional dos bosques”. Dende as 10 da mañán. Traede o voso xantar.Ao longo do día iremos creando a...s nosas obras (pinturas, poemas, esculturas, fotografías, performance...). Cara á última hora as obras plásticas formarán parte do espazo, convivindo o maxín coa natureza, poetas poderán recitar os versos creados e a música e o movemento deixarase sentir coma o vento entre as follas. Todo quedará recollido graficamente en fotografía e/ou video. Posteriormente as obras creadas poderán ser expostas en salas de exposicións. Manifesto “Enarborar o bosque” é un acto simbólico promovido por os artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, para facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e reivindicar a sua protección frente á rapiña das talas abusivas realizadas por particulares, comunidades, institucións (concentracións parcelarias, falsas e excesivas limpezas, construcción de infraestructuras...) e empresas madereiras, que con total impunidade talan árbores autóctonas moitas veces centenarias e senlleiras e as substitúen por outras especies como o eucalipto e o piñeiro, ou simplesmente as deixan a monte, sen a aplicación do proxecto de reforestación preceptivo. Ten acontecido repetidas veces nos últimos anos, unha longa lista que entristece e fire no cerne da nosa identidade: Cecebre (Cambre), Porqueira, Rairiz de Veiga, A Limia, Santa Eulalia de Mazoi, Ordes, Val Miñor, A Fervenza (O Corgo), Barrio de Abella, Carballeira de Faramontaos (Negueira de Ramuín), carballeira de Rioxoán (Pol), Pintinidoira... violencia catastral consentida pola falla de vixiancia e vontade política para aplicar as medidas de protección disponibles. Defendemos as nosas árbores autóctonas: carballo, acivro, castiñeiro, teixo, cerquiño, bidueiro, faia, ameneiro, freixo, pradairo, sobreira, aciñeira... que na actualidade só ocupan un 25% do bosque frente a especies foráneas como o eucalipto que a máis de deteriorar a nosa paisaxe, empobréce-nos (estan-se a pagar a 25 € tonelada no cargadoiro), favorece a propagación do lume... Defendemos unha silvicultura racional e sostibel, onde se fagan valer os potenciais das madeiras nobles cun manexo estractivo sustentábel que conserve a diversidade do bosque autóctono e tamén, como non, do tan importante sotobosque. Esiximos a protección do noso bosque, a nosa paisaxe, a nosa vida! Esta iniciativa está apoiada por ADEGA e a FEG. Se algunha ASOCIACIÓN, INSTITUCIÓN, GRUPO, COLECTIVO... quere apoiar esta iniciativa encantados. E se algunha sala de exposicións se presta para despois exhibir as obras, estupendo!!! Ruládeo. A partir da semana que ven poñeremos as adhesións.Ver máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario